Medio Rural

 

A Rede de cooperación para a ordenación dos territorios forestáis da Eurorrexión (Xes-Silvae) é un proxecto que intenta fomentar a ordenación integrada dos recursos forestais da Eurorrexión a fin de facilitar a prevención de incendios e o seu aproveitamento integral a través de sinerxías que favorezan a sostibilidade deste patrimonio natural. O proxecto prevé a realización de accións conxuntas entre Galicia e a rexión Norte de Portugal para a ordenación forestal e a prevención de incendios, así como a elaboración de instrumentos para a promoción das agrupacións forestais de propietarios particulares en mans comúns e a aplicación dos mesmos a unha experiencia piloto transfronteriza.

O presente proxecto atópase en fase incipiente, póndose en marcha até o momento accións de desenvolvemento normativo, no marco da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, así como accións de transferencia e difusión da idea do proxecto a nivel político e entre representantes do sector forestal. Por outra banda, comezouse así mesmo a prever os documentos administrativos e regulamentarios necesarios para a futura contratación de estudos e aplicacións técnicas incluídas na proposta.

 

Presentación SOFOR

Xornada de Clausura

 

 

(c) Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atenderémolo/a
Pode suscribirse ás novidades desta web cun lector de feeds